mércores, 30 de xaneiro de 2019

As malas contestacións. Como lidar con elas?

Seguimos a tratar o tema da comunicación. Aquí dámosvos algunhas claves para lidar ante as malas contestacións. Diante dunha situación de estrés amosa quen é o adulto e non caias en discusións que non levan a ningures.





Fonte: www.vidaysalud.com

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Como mellorar a comunicación cos nosos/as fillos/as.

A través deste coloquio a psicóloga e experta en educación Patricia Ramírez, danos as claves para educar dende a serenidade e como mellorar a comunicación cos nosos/as fillos/as.

venres, 18 de xaneiro de 2019

As 10 claves da adolescencia

Recomendámosvos o seguinte artigo "As 10 claves da adolescencia" que vainos axudar a entender algunhas actitudes dos adolescentes que en máis dalgunha ocasión enfádannos aos adultos.


mércores, 16 de xaneiro de 2019

A vida dun adolescente.


Seguimos intentando entender a etapa pola que están a pasar os/as nosos/as alumnos/as e os/as vosos/as fillos/as, e para iso nada mellor que a voz dunha adolescente.


domingo, 13 de xaneiro de 2019

Que pensamos realmente dos adolescentes?

BENVIDOS AO NOSO BLOG


En primeiro lugar queremos darlles a máis cordial benvida ao servizo de orientación ás familias do CSA.

De seguido lembrámoslles as características do servizo:

As familias inscritas recibirán no seu móbil mensaxes periódicas a través da aplicación WhatsApp.

A organización dentro da aplicación é de lista de difusión. Nesta modalidade, todos os usuarios reciben a mesma mensaxe pero non teñen comunicación uns con outros. Para recibir as mensaxes terían que gardar na súa axenda, o número da “Escola de familias CSA”: 627-849-438.
Estas mensaxes inclúen consellos para a educación dos seus fillos adolescentes en forma de infografías, vídeos e enlaces web sobre diversos temas de interese.

O temario organízase en once unidades: entendendo aos adolescentes, comunicación, conduta, estudos, hábitos saudables (por exemplo, alimentación e sono), novas tecnoloxías e redes sociais, responsabilidade persoal, ocio, dificultades máis comúns na idade escolar, prevención do consumo de drogas e educación sexual.

Os enlaces enviados diríxenvos a este blog onde vades poder ver a información máis ampliada se así o desexades.

Estamos abertos a calquera suxestión que teñades para a mellora deste servizo. Séguenos.